• 2026-04-27 13:05:10
    Cultura e Turismo

    Touro segue avanzando na posta en valor da súa imaxe e do Camiño. Moi pronto, a recoñecida artista internacional Mapeco (María Peña Coto) realizará un mural de grandes dimensións no edificio adxacente ao Concello.



    Mapeco é unha creadora asturiana cunha ampla traxectoria internacional, que desenvolveu proxectos artísticos e murais en lugares como París, Sicilia, México, Porto Rico, Etiopía, Brasil, Portugal, Londres, Nova York ou China, ademais de numerosos traballos en distintas cidades de España. A súa obra destaca pola forza visual, o compromiso social e a capacidade de transformar espazos públicos en lugares con identidade propia"

    Esta intervención artística será posible grazas ao acordo acadado cos propietarios do inmoble, aos que queremos agradecer a súa boa disposición e colaboración.

    A obra, financiada con fondos propios do Concello de Touro, servirá como homenaxe ao Camiño Holandés (Eurovelo 3 ruta dos peregrinos) ,ofrecendo unha benvida única e especial aos peregrinos ao seu paso pola capital municipal, ao tempo que contribuirá a embelecer e modernizar a imaxe do centro urbano.



    Adjuntos: