• 2026-05-09 12:36:08
    Cultura

    A recoñecida artista internacional Mapeco (María Peña Coto) está realizando un mural de grandes dimensións no edificio adxacente ao Concello. Este vindeiro luns, 11 de maio, ás 11:30 horas a creadora asturiana que conta cunha ampla traxectoria internacional ofrecerá unha visita guiada para a veciñanza onde nos explicará todo o relacionado con esta obra que está facendo no noso concello.
    A obra, financiada con fondos propios do Concello de Touro, servirá como homenaxe ao Camiño Holandés (Eurovelo 3 ruta dos peregrinos)

    Ver menos



    Adjuntos: