-
TOURO ANDA 2026 ARRANCARÁ O DOMINGO 24 DE MAIO2026-05-12 12:28:26Cultura e TurismoO domingo 24 de maio terá lugar a primeira andaina de Touro Anda 2026.
Será unha ruta polo Monte Pindo, sendo unha andaina de dificultade media alta e dunha duración de 5 horas.
Saída dende o Concello ás 8:00 horas. Cada un dos participantes deberá levar auga, gorra, protector solar e comida para picnic. Aconséllase calzado con agarre tipo treking. Os interesados deben anotarse a través da web do Concello https://appreservas.com/reservas_galileo/64a52036cdb02ebe03507c92/instalaciones/662f838b8c5682724fc3... por teléfono (981 504 029) ou de xeito presencial no departamento de Deportes do Concello de Touro.