-
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!2026-05-17 13:10:06CulturaHoxe celebramos o Día das Letras Galegas, unha homenaxe á nosa lingua, á nosa cultura e ás persoas que manteñen vivo o legado do galego xeración tras xeración.
Dende o Concello de Touro queremos poñer en valor a riqueza da nosa fala, símbolo da nosa identidade e parte fundamental da nosa historia e do noso futuro. Porque o galego é patrimonio, é memoria e é orgullo. Feliz Día das Letras Galegas!