-
PROCESO DE SELECCIÓN DO ALUMNADO/TRABALLADOR DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “TOURO -BOIMORTO-O PINO" PROCEDEMENTO TR353A2026-06-02 09:49:42EmpregoRecibíndose da oficina de emprego a relación das persoas candidatas para formar parte da preselección como alumnado/traballador do obradoiro de emprego, infórmase que desde os Concellos correspondentes contactarán coas persoas preselecionadas, para que presenten ata o día 3/xuño/2026 (data límite), de maneira presencial ou a través da sede electrónica no Concello de Touro, a solicitude normalizada (anexo 1) de participación do proceso selectivo para o alumnado traballador para o obradoiro dual de emprego “Touro-Boimorto-O Pino”, así como a documentación que figura nas bases reguladoras do procedemento de selección do obradoiro.