-
A II CONCENTRACIÓN MOTOBLUB MOTOURO CELEBRARASE O SÁBADO 13 DE XUÑO EN TOURO2026-06-02 21:16:16DeportesO noso municipio acollerá o vindeiro 13 de xuño a segunda edición da Concentración Motoclub Motouro, unha cita que reunirá afeccionados ao mundo das dúas rodas nunha xornada chea de actividades, convivencia e espectáculo. O evento está organizado polo Motoclub Motouro coa colaboración do Concello de Touro.
- Data: 13 de xuño de 2026
- Lugar: Campo da Festa de Touro
- Prezo: 40 € (menores de 10 anos, 15 €)
- Ruta moteira, vermú musical, xantar e exhibición stunt
- Música con DJ Javi Machito
- Premio ao motoclub máis numeroso
- Peche de inscricións: 6 de xuño de 2026
Adxuntamos foto da presentación e cartel onde aparece toda a información
