• 2026-06-03 20:40:01
    Deportes

    O Concello de Touro organiza o Campus Basket Touro 2026, unha oportunidade perfecta para que os máis pequenos e pequenas desfruten do deporte, aprendan e fagan amizades nun ambiente divertido e saudable no noso concello. Será do 13 ao 17 de xullo de 2026 no pavillón municipal. 

     Horarios:
    • De 9:45 a 11:10 h → Nados/as entre 2019 e 2015
    •  De 11:15 a 12:40 h → Nados/as entre 2014 e 2010

     Prazas limitadas:
    • 12 na primeira quenda
    • 16 na segunda

    Inscricións a través da páxina de reservas do Concello de Touro. Máis información: deportes@concellodetouro.gal



    Adjuntos: