• 2026-06-04 10:50:27
    Cultura e Turismo

    O Concello de Touro promociona os seus atractivos turísticos na Feira Abanca Semana Verde de Silleda, un dos grandes escaparates do turismo, a gastronomía e o desenvolvemento rural de Galicia que se celebra dende hoxe, 4 de xuño, ata o domingo, 7.
    Os visitantes poderán coñecer de primeira man a riqueza natural, patrimonial e cultural do noso municipio, así como as múltiples opcións para desfrutar da súa contorna. Touro continúa apostando pola promoción do territorio e pola posta en valor dos nosos recursos turísticos. Vémonos en Silleda!



    Adjuntos: