-
O Concello facilita a resposta da veciñanza ás denegacións no expediente da mina2026-06-09 21:19:45ConcelloO concelleiro de Medio Ambiente xa trasladou aos servizos xurídicos contratados polo Concello as notificacións de denegación da condición de persoa interesada recibidas no procedemento relacionado co proxecto da mina, co obxectivo de analizar as posibles actuacións legais a emprender.
Ademais, a finais da próxima semana o Concello poñerá a disposición da veciñanza un modelo de recurso para facilitar a súa presentación, ao considerar que estas denegacións poderían supoñer unha vulneración de dereitos fundamentais relacionados coa participación e defensa dos intereses da cidadanía.
Cómpre lembrar que o Concello de Touro xa solicitou meses atrás que se recoñecese de oficio a condición de persoa interesada a toda a veciñanza do municipio, dada a incidencia directa que este proxecto podería ter sobre o territorio e os seus habitantes.
O Concello continuará informando puntualmente sobre os avances deste proceso.