-
O SD Touro Feminino xa é de Primeira!!!2026-06-15 11:23:02DeportesO SD Touro Feminino xa é de Primeira!
O esforzo, a constancia e o traballo en equipo teñen a súa recompensa, e onte o noso fútbol feminino volveu demostrar que con ilusión e compromiso non hai límites. Dende o Concello de Touro queremos felicitar a todas as xogadoras, corpo técnico, directiva e afección por este gran éxito deportivo que enche de orgullo a todo o municipio. Parabéns, campioas! Todo Touro está orgulloso de vós.