-
O CONCELLO INTENSIFICA OS TRABALLOS DE DESBROCE2026-06-16 17:16:12ConcelloO Concello continúa cumprindo o compromiso adquirido coa veciñanza e intensificou os traballos de desbroce nas distintas parroquias do municipio.
O obxectivo desta planificación é desligar os labores de limpeza das datas das festas patronais, permitindo que todas as parroquias estean en boas condicións durante o verán. Posteriormente, realizaranse os repasos necesarios nas zonas onde se celebren as diferentes festas.
Os traballos están a concentrarse especialmente durante o mes de xuño, xa que nesta época o crecemento da herba é máis lento, o que permite unha maior eficacia das actuacións e unha mellor conservación dos espazos públicos durante máis tempo.
Ademais, desde hai meses estanse realizando labores continuados de mantemento e desbroce nas áreas recreativas do municipio. Trátase dun cambio importante respecto a anos anteriores, cando estes espazos se acondicionaban unha única vez ao ano, no mellor dos casos. Grazas a esta nova dinámica de traballo, as áreas recreativas xa se atopan preparadas antes mesmo do inicio da tempada de verán, garantindo o seu uso e disfrute por parte da veciñanza e dos visitantes.
O Concello continuará co mantemento periódico destas zonas ao longo dos vindeiros meses, co obxectivo de conservar os espazos públicos en condicións óptimas durante todo o ano.
Deste xeito, séguese avanzando nun modelo de xestión máis planificado, eficiente e próximo ás necesidades reais da veciñanza.