-
ARRANCA O OBRADOIRO DE EMPREGO DE TOURO-BOIMORTO-O PINO2026-06-16 20:12:45FormaciónA delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou hoxe na inauguración do Obradoiro de Emprego dual promovido conxuntamente polos concellos de Touro, Boimorto e O Pino, unha iniciativa que permitirá formar durante nove meses a 20 persoas desempregadas nas especialidades de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e actividades auxiliares en aproveitamentos forestais. Destacou o o investimento de máis de 454.000 € para este obradoiro.
As intervencións realizaranse nas parcelas de Cancela de Frádega, Chousa de San Xoán, Coto de San Sebastián, Chousa Vella de Sendelle, Leira Longa de Arceo, Fros de Rodeiros, Sisto de Brates, Banzanos-Fontao de Brates e Lebosende de Mercurín.
Despois de moitos anos, o noso Concello volveu solicitar unha axuda para poder ter este obradoiro. “Os obradoiros de emprego permiten acceder tanto á formación teórica como práctica e acercar a formación a onde hai demanda desa rama”, resaltou hoxe o alcalde de Touro, Jesús Reboredo, quen agradeceu o apoio da Xunta para fomentar o emprego na nosa zona.
Máis información: https://www.xunta.gal/es/notas-de-prensa/-/nova/025686/belen-campo-destaca-inversion-mas-454-000-obr...