-
O GOBERNO MUNICIPAL APROBA UNHA MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO2026-07-12 13:14:46ConcelloO goberno municipal aprobou no último pleno unha modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT), un paso importante para seguir modernizando a organización municipal e mellorando os servizos que presta o Concello á veciñanza.
- Créase unha nova praza de traballadora social, que reforzará a atención aos Servizos Sociais, asumindo cuestións relacionadas co Servizo de Axuda no Fogar e outros trámites de gran importancia para a cidadanía. Trátase dunha aposta decidida por fortalecer uns servizos esenciais e ofrecer unha atención máis próxima e áxil.
- Créase tamén unha praza de tractorista, unha incorporación moi importante para que o Concello poida dispoñer deste servizo durante todo o ano, mellorando a capacidade de resposta nos traballos de mantemento e conservación municipais.
- Ademais, impulsaranse os procesos para cubrir todas aquelas prazas que levaban anos vacantes, entre elas a de Axente de Desenvolvemento Local (ADL), reforzando áreas estratéxicas para o desenvolvemento do noso concello.
- Así mesmo, unha praza de auxiliar administrativo reconvértese nun posto orientado a asumir funcións de contabilidade, elaboración de nóminas e outras tarefas de carácter económico-administrativo. Esta medida supón un importante aforro para as arcas municipais, xa que estes traballos estaban externalizados cun custo superior aos 30.000 euros anuais e que, a partir de agora, pasarán a prestarse desde o propio Concello.