• 2026-07-14 18:07:07
    Concello

    Desde a fin de semana, os operarios municipais están a realizar traballos de retirada de árbores caídas, limpeza de estradas e acondicionamento das vías tras as fortes sarabiadas que afectaron o concello.

    Estes traballos continuarán nos vindeiros días, polo que se solicita comprensión e paciencia á veciñanza para poder chegar a todos os puntos afectados. Nestes labores tamén está a colaborar a varredora municipal, adquirida nos últimos meses, que está a facilitar a limpeza das estradas e a retirada dos restos acumulados.



    Adjuntos: