-
COMUNICADO DO CONCELLO DE TOURO: NOVOS ACTOS VANDÁLICOS2026-07-15 11:54:38Concello
O Concello de Touro lamenta profundamente os actos vandálicos rexistrados nun local de titularidade municipal situado na área recreativa de Santaia.
Os feitos producíronse durante a noite do luns 13 ao martes 14 de xullo. Os danos consistiron na rotura da reixa metálica dunha ventá, o forzamento do marco de aluminio da mesma e tamén da pechadura da porta de acceso, conseguindo os autores entrar no interior do inmoble.
Nun primeiro momento, non se botou en falta ningún obxecto nin se apreciaron outros desperfectos no interior, aínda que os danos ocasionados no acceso ao edificio motivaron a presentación da correspondente denuncia por parte do Concello para esclarecer o sucedido. Finalmente, detectouse que faltan uns altofalantes e unha etapa de potencia.
Desde o Concello condenamos este tipo de comportamentos incívicos, que atentan contra un espazo público que é de todos os veciños e veciñas, e confiamos en que a investigación permita identificar aos responsables. Ao mesmo tempo, facemos un chamamento ao respecto polo patrimonio municipal e á colaboración cidadá para evitar que este tipo de feitos se repitan.