• 2026-07-15 13:21:32
    Deportes

    O Concello de Touro instalará unha pantalla xigante o domingo, 19 de xullo, para seguir en directo a Final do Mundial na que xoga España.
    Unha oportunidade perfecta para animar á selección española, vivir cada xogada en compañía de familiares e amizades e gozar dunha experiencia única, despois dun día cargado de festa no Folk In Río.

    O partido será ás 21 horas e a pantalla estará instalada na rúa Eduardo Pondal fronte á Peluquería Bego



    Adjuntos: