• 2026-07-20 20:30:40
    Concello

    O Concello de Touro fai público este informe pericial independente, o primeiro promovido pola propia Administración local para avaliar, mediante analíticas independentes, o estado dos ríos e regatos da contorna da antiga explotación mineira de Touro–O Pino.

    O estudo foi encargado pola Área de Medio Ambiente, Patrimonio e Camiño de Santiago, dirixida polo concelleiro Darío Rey Suárez, e elaborado por un equipo técnico especializado co obxectivo de ofrecer unha avaliación rigorosa, obxectiva e independente da calidade das augas superficiais.

    As conclusións do informe evidencian a persistencia dunha afección ambiental significativa sobre diversos cursos fluviais da contorna da antiga explotación mineira, constatándose en distintos puntos parámetros que superan os valores de referencia e os obxectivos ambientais establecidos pola normativa vixente. Así mesmo, a comparación cos datos históricos dispoñibles reflicte unha evolución desigual, con puntos nos que se detecta un empeoramento de determinados indicadores da calidade das augas.

    Máis información: https://concellodetouro.com/index.php/gl/novas/3311:informe-pericial-sobre-o-estado-das-augas-superf...





    Adjuntos: