-
O CONCELLO COMPLETA POR PRIMEIRA VEZ O DESBROCE DA TOTALIDADE DOS NÚCLEOS A COMEZOS DE AGOSTO2026-08-12 13:06:56ConcelloO Concello de Touro completa por primeira vez o desbroce da totalidades dos núcleos de poboación a comezos do mes de agosto. A maior parte finalizaronse a finais de xullo.
Rematáronse os traballos de desbroce na práctica totalidade das aldeas do concello.
Esta actuación supón un importante avance na planificación dos traballos de mantemento, permitindo iniciar agora unha nova fase centrada no desbroce e acondicionamento das pistas de monte, onde as tarefas se intensificarán nas próximas semanas.
Ao mesmo tempo, a brigada municipal de obras continúa realizando labores de limpeza e mantemento nas aldeas. Trátase dun traballo laborioso debido á acumulación de actuacións pendentes dos últimos anos, pero que se está a desenvolver de forma continuada para mellorar a imaxe e o estado dos espazos públicos de todo o concello.
Estás actuacións responden ao acordo de goberno entre o concelleiro Darío Rey e o grupo liderado polo alcalde Jesús Reboredo. Seguimos traballando para facer de Touro un concello máis coidado.