• 2026-08-16 20:24:39
    Cultura e Turismo

    Cos orzamentos aprobados polo Goberno local, tras o acordo entre o concelleiro Darío Rey e o grupo liderado polo alcalde Jesús Reboredo, este ano as comisións de festas poderán solicitar unha subvención de 700 €, fronte aos 300 € que recibían ata agora.
    Un incremento para apoiar o traballo das comisións e agradecer o seu esforzo e dedicación na organización das festas do noso concello. Grazas a todas as comisións polo traballo que facedes cada ano.



    Adjuntos: