• 2026-08-21 12:09:31
    Deportes

    A XII Carreira Pedestre Popular Concello de Touro disputarase o domingo 27 de setembro a partir das 10:30 horas con saída e chegada na Rúa Pucho Boedo. Xa está aberto o prazo de inscrición. 

    As categorías escolares teñen inscrición gratuíta, mentres que na proba absoluta, o prezo é 7 € por participante. Como novidade, a proba absoluta terá un novo circuíto dunha soa volta duns 10 quilómetros.

    O prazo para anotarse remata o xoves 24 de setembro ás 23:59 horas. Non se admitirán inscricións fóra de prazo nin o propio día da carreira. Anótate en: https://www.carreirasgalegas.com/events/xii-carreira-pedestre-concello-de-touro/69Nb8a9x

    Consulta no cartel que adxuntamos todas as categorías, horarios, distancias e información sobre os trofeos.



    Adjuntos: