-
AXUDAS DO CONCELLO DE TOURO PARA GASTO MATERIAL E EQUIPAMENTO PARA O CURSO ACADÉMICO 2026-20272026-09-03 20:37:19ConcelloO Concello de Touro informa das axudas de carácter económico destinadas ao gasto de material e equipamento para o curso académico 2026-2027 dirixidas ás familias vulnerables. As axudas poden cubrir gastos como material escolar, mochilas, libros de lectura, calculadoras, roupa de abrigo e calzado, entre outros.
Concederase por orde de puntuación e ata o esgotamento da partida orzamentaria prevista:- 30 axudas de ata 120 € para alumnado de Educación Infantil e ensino obrigatorio.
- 20 axudas de ata 300 € para alumnado de ensino non obrigatorio.
O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP), anuncio que se publicou hoxe, 3 de setembro
A solicitude, acompañada da documentación complementaria especificada, presentarase a través da sede electrónica ou no rexistro de entrada do Concello de Touro. Toda a información no anuncio do BOP: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/03/2026_0000005685.html