• 2026-09-16 11:32:35
    Deportes

    Xa coñecemos o deseño das camisetas da XII Carreira Pedestre Popular do Concello de Touro (adxuntamos foto). Inscríbete e non quedes sen ela!
    Lembramos que:
    • A cita será o domingo 27 de setembro a partir das 10:30 horas con saída e chegada na rúa Pucho Boedo.
    • Paras as categorías escolares, a inscrición é gratuíta e na proba absoluta o prezo é de 7 euros por participante.
    • A proba absoluta terá un novo circuíto dunha soa volta duns 10 quilómetros.
    • O prazo para anotarse remata o xoves 24 de setembro ás 23:59 horas. Non se admitirán inscricións fóra de prazo nin o propio día da carreira.
    • Anótate a través do seguinte enlace: https://www.carreirasgalegas.com/events/xii-carreira-pedestre-concello-de-touro/69Nb8a9x



    Adjuntos: