-
TES FOTOS ANTIGUAS? AXÚDANOS A CREAR AS 'MEMORIAS DE TOURO'2026-09-29 12:24:25Cultura e TurismoO Concello de Touro lanza unha iniciativa a través da cal busca fotografías anteriores a 1975 de festas, oficios, paisaxes, momentos da vida cotiá... do noso municipio para crear un arquivo dixital e poñer en valor a nosa historia local.
Podes levar as túas imaxes antiguas ao Consistorio de luns a venres de 9 a 14 horas ata o 30 de outubro 2026. O Concello devolverá as orixinais e dará unha copia dixital aos propietarios