• 2026-10-09 18:27:37
    Cultura e Turismo

    Con motivo das festas de San Breixo de Foxás, haberá cortes e restricións de tráfico dende as 10:00 horas do sábado 10 ata as 08:00 horas do luns 12 de outubro. Pregamos que respectedes a sinalización e sigades as indicacións da organización. O tráfico será desviado por Tolán cara a Foxás de Abaixo e dende Sobredo cara á estrada municipal Turces–Vilar.

    Peter Punk chega a San Breixo! O Concello de Touro colabora con esta parroquia, igual que coas demais do municipio, mediante unha subvención para as festas e, ademais, coa actuación de Peter Punk, que promete sacar os mellores sorrisos a pequenos e maiores co seu espectáculo Peor imposible. Unha actuación incluída no programa cultural do Concello de Touro.

    Aparcamento gratuíto. A Comisión de Festas estará presente e quen o desexe poderá facer un donativo para colaborar cos gastos das celebracións. Que desfrutedes do San Breixo 2026!



    Adjuntos: