-
DESVÍO PROVISIONAL NA RUTA PR-G 1212020-09-18 12:43:20Turismo
Ao finalizar a ruta PR-G 233 Ruta da Fervenza das Hortas ao río Lañas, tiñamos que cruzar unha ponte para seguir coa ruta PR-G 121, a Ruta dos tres Ríos, ata Ponte Basebe. Lamentablemente a crecida do río levouna por diante e á espera dos trámites que corresponden nunha ruta homologada, habilitouse un fermoso desvío ao carón do río para facilitar o percorrido aos sendeiristas grazas aos traballos do Obradoiro de Emprego “Ulla-Boqueixón-Touro-Vedra 2019”
Dito desvío atópase sinalizado de maneira provisional para a maior seguranza dos que decidan percorrer esta pequena variante da ruta que a súa vez, comunica coa PR-G 93 a Ruta da Ribeira do Ulla e logo co Roteiro temático do Ulla e a Ruta de Ponte a Ponte ata Ponte Ledesma.
Agardando a pronta recuperación da ponte, pregamos desculpen as molestias e que todas e todos sigamos a gozar da natureza con este desvío provisional da ruta porque Tóuro é camiño.