• 2021-01-12 10:00:37
    Concello

    Desde o 1 de xaneiro de 2021, todas as persoas demandantes de emprego terán que volver a renovar a súa demanda na data en que a cada un/unha lle corresponda e poderán facelo dalgún dos seguintes modos:

    1. Na web https://emprego.xunta.gal/portal/gl/renovacion-pin Engade o DNI e o PIN que se che mandará previamente por mail (pide cita na túa oficina de emprego senón tes PIN).
    2. A través da Oficina virtual do Portal de Emprego de Galicia: https://emprego.xunta.gal
    3. Desde o teléfono móbil, a través da aplicación MOBEM.
    4. Mediante chamada telefónica ao número 012 ou 981 900 643 indicando o teu DNI e un PIN que se che mandará previamente por mail (pide cita na túa oficina de emprego senón tes PIN).
    5. No Punto de Información do Concello mediante a identificación dactilar.