-
Restrición nivel de risco máximo para Touro2021-01-20 09:26:23Concello
Restrición nivel de risco máximo para Touro
O Concello de Touro fai un chamamento á responsabilidade individual dos veciños e veciñas. É preciso facer un esforzo conxunto para frear o incremento de contaxios no noso municipio.
Recoméndase restrinxir ao máximo a interacción social e que os encontros queden limitados unicamente á unidade de convivencia.
Está en xogo a saúde dos veciños e veciñas de todo o Concello. Agora máis que nunca é urxente cumprir o distanciamento social, o uso de máscara e a limpeza e desinfección de mans.
Moitas grazas pola vosa colaboración
COIDÁDEVOS E COIDADE DOS QUE ESTÁN AO VOSO ARREDOR