• 2021-01-21 08:47:02
    Concello

    Restrinxidas a entrada e a saída de persoas agás nos seguintes supostos:

    a) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

    b) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais.

    c) Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.

    d) Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.

    e) Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

    f) Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en territorios limítrofes.

    g) Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.

    h) Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables.

    i) Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.

    j) Coidado de hortas e animais

    k) Asistencia a academias de idiomas, clases de reforzo educativo de materias incluídas nos plans de estudos da educación regrada, conservatorios e escolas de música, ou para a preparación de procesos selectivos en academias ou centros de formación.

    l) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

    m) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada».


    Recoméndase limitar a mobilidade o máximo posible, incluso dentro do municipio e restrinxir ao máximo a interacción social e que os encontros queden limitados unicamente á unidade de convivencia.


    Os grupos de persoas, tanto en espazos públicos coma privados, non poderán superar as 4 persoas, agás que se trate de convivintes.


    Peche de espectáculos públicos e de actividades recreativas ( agás algunha excepción: cine, teatro, música, pavillón deportivo, etc.)


    O interior dos establecementos de restauración permanecerá pechado ao público e só poderán abrir as terrazas ata un máximo do 50 % ata as 18.00 horas.

    Non obstante, poderán prestar servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio. O servizo de entrega a domicilio poderá realizarse ata as 24.00 horas


    Actividade cinexética do xabaril e do lobo permitida nos seguintes supostos:


    a) Accións de caza sobre o xabaril de acordo coa planificación aprobada para a tempada de caza 2020/2021 nos plans anuais de aproveitamento cinexético dos Tecor, e accións autorizadas especificamente en terreos de réxime cinexético común.

    b) Accións de caza con ocasión de danos á agricultura ou á gandaría ocasionados polo xabaril e/ou o lobo, logo da súa comprobación por parte das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de ambiente.

    c) Accións de caza como consecuencia de accidentes graves de tráfico reiterados nun mesmo punto quilométrico.