• 2021-01-22 14:46:04
    Concello

    O Concello de Touro continúa facendo un chamamento aos veciños e veciñas para que non levanten a garda fronte a COVID19


    Os datos de hoxe presentan unha baixada no total dos casos de positivos no noso Concello. O esforzo de todos e todas está obtendo os seus obxectivos, pero aínda non é suficiente


    O Concello de Touro, seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias, insiste en cumprir co distanciamento social, o uso de máscara e a limpeza e desinfección de mans


    Agradecemos a colaboración de todos e todas