• 2021-01-25 15:58:14
    Concello

    O presidente da Xunta acaba de anunciar novas restricións para toda Galicia (nivel máximo).


    Entran en vigor o mércores 27 de xaneiro ata como mínimo o 17 de febreiro.


    ➡️Comercio non esencial debe pechar ás 18:00 horas


    ➡️Comercio esencial (supermercados, farmacias...) peche ás 21.30 horas


    ➡️ Centros comerciais pechados sábados e domingos


    ➡️ Peche total da hostaleiría (permítese servizo a domicilio)


    ➡️ Non se permiten reunións de non convivintes 


    ➡️Todos os concellos pechados perimetralmente


    ➡️ Deporte: só individual e obrigado uso de máscara tamén ao aire libre


    ➡️Universidade: comeza o 8 de febreiro. Ata o 17 de febreiro clases telemáticas 


    ➡️ Centros culturais, cines, bibliotecas e teatros pechados