• 2021-02-11 09:42:56
    Concello

    . A Consellería de Medio Rural acaba de poñer en funcionamento o número de teléfono 012 para tramitar e xestionar as cortas de madeira de uso doméstico.




    . Ata o de agora o trámite só se podía facer a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, e a Consellería para facilitar o trámite pon en marcha este novo servizo telefónico.





    . Os/as interesados/as no momento da chamada deberán comunicar os seguintes datos: especies, número de árbores, peso ou volume aproximado e referencia catastral da parecela.





    . O 012 está unicamente en servizo para as cortas de madeira para uso doméstico que non vaian ser obxecto de comercialización e que non teñan afeccións.