• 2021-03-02 13:44:12
    Formación

    Desde a Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xusticia e Turismo a Directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto co Secretario Xeral Técnico do Sergas, Alberto Fuentes, así como o xefe de área de Área de Innovación Turística, Jorge Barreiro Rodas, explicará cómo, a través da ferramenta Turespazo, os establecementos poderán descargar o cartel necesario para a apertura dos establecementos obligatorio a partir do 5 de marzo e o uso da plataforma Turespazo. As preguntas dos asistentes, durante o seminario web, serán atendidas a través do Chat do webinar.



    Dito webinar realizarase mañá mércores día 3 de marzo, ás 11:00 horas, a través da plataforma para videoconferencias da Xunta de Galicia. Este webinar permitirá a conexión a partir das 10:55 horas.




    Para participar inscríbase no enlace que está a continuación. Posteriormente, deberá rexistrarse pulsando na ligazón "Registrarse" debaixo do logotipo da Xunta de Galicia ou no botón situado ao final desta páxina. Unha vez rexistrado, chegaralle un correo electrónico automático confirmando a inscrición, facilitándoselle a ligazón de acceso ao webinar. Si non recibe o correo comprobe que non estea na súa carpeta de correo non desexado, máis coñecido como "spam".

    https://xunta.webex.com/mw3300/mywebex/default.do?nomenu=true&siteurl=xunta&service=6&rnd=0.26707541...