• 2021-03-11 11:24:27
    Emprego

    Por mor da situación sofrida pola incidencia dos sistemas informáticos do SEPE, Emprego Galicia ten limitada a funcionalidade dos seus propios sistemas, véndose na obriga de atender con cita previa e de xeito limitado. Se é posible, pida a cita previa cando os sistemas se restablezan.



    A non renovación da demanda mentres continue esta situación non conlevará a baixa automática da mesma nin tampouco, polo tanto, ningún tipo de suspensión ou de perda de dereito adquirido por non renovación.



    Por esa mesma causa, ás persoas que teñan que renovar a súa demanda de emprego nestes días, unha vez que o sistema se recupere, enviaráselles un correo electrónico, unha mensaxe SMS ou mediante chamada telefónica para informarlles do novo prazo adicional do que disporán para renovar a súa demanda.