• 2021-04-21 11:14:42
    Concello


    A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ven de publicar as bases reguladoras do PEL-Reactiva: programa específico de apoio á hostalería e axencias de viaxe consistente en axudas directas de 1.500 euros a microempresas e persoas traballadoras autónomas que cumpran, entre outros, os seguintes requisitos:


    • Figuren dadas de alta no IAE, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2021, en calquera dos epígrafes das agrupacións 67 (bares e restaurantes), 68 (hospedaxe), Grupo 755 (axencias de viaxe) e epígrafe 969.1 (salas de festa e discotecas)

    • Teñan o seu domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña con menos de 50.000 habitantes

    • Non resultaran beneficiarias das axudas PEL-Reactiva: Fondo de Financiamento para a Reactivación Económica e Social da Provincia da Coruña.




    O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o vindeiro 3 de maio ás 08:00 horas e ata o esgotamento do crédito dispoñible, a saber, 9 millóns de euros.




    As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da aplicación Subtel: https://sede.dacoruna.gal/subtel/




    Para máis información consulta as bases publicadas no BOP: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/04/20/2021_0000003177.pdf