• 2021-05-03 09:59:03
    Cultura

    •  A ÁRBORE DAS MÚSICAS
    Onde? Casa da Cultura, Fonte Díaz
    Cando? Venres 21 ás 17:30h.
    Público? Familiar
    Tempo? 50 minutos
    Inscricións no 981 81 45 66 - 981 50 40 29 ou cultura@concellodetouro.gal
    Todas e todos a contar e cantar recolle cancións, historias e contos da nosa terra. Cantamos un conto?



    •  O SEGREDO DO TENDAL
    Onde? Casa da Cultura, Fonte Díaz
    Cando? Venres 28 ás 17:30h.
    Público? Familiar
    Tempo? 50 minutos
    Inscricións no 981 81 45 66 - 981 50 40 29 ou cultura@concellodetouro.gal
    Historias incribles, manipulación de obxectos e teatro. Colgadas no tendal, as letras senten o sol a facerlles cóxegas e bailan unhas coas outras. A roupa tamén quere xogar como elas xogan: as pinzas axudan a un pano a medrar até se converter nunha montaña, unha toalla foxe correndo entre as cordas… ou é un can de palleiro?




    A celebración dos espectáculos adáptanse ás esixencias marcadas pola pandemia do COVID-19.
    O uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto.
    Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada (17:30h) para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.



    Adjuntos: