• 2021-06-03 16:10:31
    Concello

    O autobús que fai o servizo da Feira do día 5, do próximo sábado día 5 de xuño do 2021, anula a parada que fai en Foxás (fronte ao Cemiterio) a causa da celebración do Rally da Auga-Camiño de Santiago 2021. Recoméndase que os veciños e veciñas que utilizan esta parada, tomen o autobús na parada de Foxás de Arriba. Os horarios do autobús e as demáis paradas, tanto para viaxar ata a Feira do día 5, en Fonte Díaz, como para voltar aos diferentes domicilios, son as habituais.