-
Touro a escena: Riscando o Ceo de Circo Chosco2021-08-03 11:21:49Cultura
Onde? Piscina Municipal (en caso de choiva será na Casa da Cultura)
Cando? Xoves 12 de agosto ás 20:00h.
Público? Familiar
Tempo? 45 minutos
Inscricións no 981 81 45 66 - 981 50 40 29 ou cultura@concellodetouro.gal
Riscando o ceo lévanos a un mundo onde o circo aparece en forma de humor, maxia, risco, malabar, acrobacias, e equilibrios imposibles.
A celebración dos espectáculos adáptanse ás esixencias marcadas pola pandemia do COVID-19.
O uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto.
Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada (20:00h) para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.