-
Touro a escena: Os Contos dos Ratos de Lonxedetodo2021-10-04 11:16:13Cultura
Onde? Casa da Cultura
Cando? Venres 15 de outubro ás 17:30h.
Público? Familiar
Tempo? 45 minutos
Inscricións no 981 81 45 66 - 981 50 40 29 ou cultura@concellodetouro.gal
Os Ratos de Lonxedetodo contan os seus contos favoritos e contaxian a grandes e pequenos o seu gusto pola lectura.
A música, a comedia e diferentes recursos para contar os contos non faltan nunca nas aventuras destes ratos.
A celebración dos espectáculos adáptanse ás esixencias marcadas pola pandemia do COVID-19.
O uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto.
Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada (17:30h) para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.