• 2022-04-26 13:37:16
    Concello


    AXUDAS PARA O CUSTO DE COMBUSTIBLE

    A Deputación da Coruña, a través do BOP, publica hoxe as bases reguladoras das axudas do Programa de medidas urxentes para paliar o impacto do incremento do custo do cumbustible e subministracións nos sectores agrario, gandeiro, pesqueiro e do transporte de mercadorías por estrada.

    Bases: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2022/04/22/2022_0000002152.pdf

    Importe da subvención: 3.000 €.

    Prazo de presentación: Do 28 de abril de 2022 ás 09:00 horas  ata o esgotamento do crédito orzamentario, en todo caso, ata o 28 de xuño de 2022 ás 14:00 horas.

    Presentación telemática na plataforma Subtel: https://sede.dacoruna.gal/subtel/.

    Na web da Deputación está toda a información (https://www.dacoruna.gal/).