• 2022-05-31 14:41:56
    Concello


    Axudas ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (VI406F) Xunta de Galicia

    Obxecto


    Financiar obras ou actuacións en que se obteña unha mellora acreditada da eficiencia enerxética, con especial atención á envolvente edificatoria nos edificios de tipoloxía residencial colectiva.

    Actuacións subvencionables


    Mellora ou rehabilitación en vivendas unifamiliares ou en edificios de tipoloxía residencial colectiva, incluíndo as súas vivendas. Neste último caso exixirase que, polo menos, o 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda.

    Requisitos


    1.   Conseguir unha redución de, polo menos, un 30 % no indicador de consumo de enerxía primaria non renovable, referida á certificación enerxética, e, ademais, unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración da vivenda unifamiliar ou do edificio de, polo menos, un 35 % se están situados en zonas climáticas D e E ou dun 25 % se están situados en zona climática C.

    2.   Cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación, así como contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas no caso de que estas as requiran.


    Persoas e entidades beneficiarias

    1.   Persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila e de edificios existentes de tipoloxía residencial de vivenda colectiva, así como das súas vivendas, ben sexan persoas físicas ou ben persoas xurídica de natureza privada.

    2.  Comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

    3.   Persoas propietarias que, de forma agrupada, sen título constitutivo de propiedade horizontal e outras unidades, que, carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actuacións que motiva a concesión da subvención.

    4.    Sociedades cooperativas ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas.

    5.     Empresas arrendatarias ou concesionarias dos edificios, así como cooperativas que acrediten a dita condición.

     

    Presentación da solicitude e prazo


    As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e que se incorpora na presente resolución como anexo I.

     

    RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2022 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406F).

     

    Resolución do DOG nº 94 do 2022/5/16 - Xunta de Galicia

    Prazo de presentación


    Ata o 30 de novembro de 2022, agás que, con anterioridade, se tivese esgotado o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG e na páxina web do IGVS.






    𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗖𝗜Ó𝗡 𝗖𝗢𝗠𝗣𝗟𝗘𝗧𝗔 𝗡𝗢 𝗗𝗢𝗖𝗨𝗠𝗘𝗡𝗧𝗢 𝗔𝗗𝗫𝗨𝗡𝗧𝗢




    Adjuntos: