• 2022-05-31 14:46:20
    Concello


    Axudas á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación (VI406G)

    Xunta de Galicia

    Obxecto


    Convocar o Programa de axuda á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación,

    Actuacións subvencionables


    1.   A emisión do libro do edificio existente para a rehabilitación (liña A).

    2.A redacción de proxectos técnicos de rehabilitación integral de edificios (liña B).

    As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020.

    Requisitos dos edificios


    1.   Estar rematados antes do ano 2000.

    2.   Que polo menos o 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda.

    Os dous requisitos antes citados poderanse acreditar mediante escritura, nota simple rexistral ou consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais.

    Contía das axudas


    1.    A contía máxima da subvención para o libro do edificio existente para a rehabilitación será a obtida da seguinte forma:

    a.    Vivendas unifamiliares e edificios plurifamiliares de ata 20 vivendas: 700 euros, máis unha cantidade de 60 euros por vivenda.

    b.    Edificios plurifamiliares de máis de 20 vivendas: 1.100 euros, máis unha cantidade de 40 euros por vivenda, cunha contía máxima de subvención de 3.500 euros.

    Se non se dispón do informe de avaliación do edificio ou documento análogo, a axuda poderá incrementarse ata nun 50 %.


    2.    No suposto de proxectos técnicos de rehabilitación integral de edificios a contía máxima da subvención será a obtida da seguinte forma:

    a.    Vivendas unifamiliares e edificios plurifamiliares de ata 20 vivendas: 4.000 euros, máis unha cantidade de 700 euros por vivenda.

    b.    Edificios plurifamiliares de máis de 20 vivendas: 12.000 euros, máis unha cantidade de 300 euros por vivenda, cunha contía máxima de subvención de 30.000 euros.

    Persoas ou entidades beneficiarias


    1.   As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila e de edificios existentes de tipoloxía residencial de vivenda colectiva, ben sexan persoas físicas ou ben teñan personalidade xurídica de natureza privada.

    2.   As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

    3.     As persoas propietarias que, de forma agrupada, sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos polo artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal.

    4.      Sociedades cooperativas ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas

    Presentación das solicitudes


    As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e que se incorpora na presente resolución como anexo I.

    RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2022 pola que se convoca o Programa de axudas á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406G).

    Resolución do DOG nº 94 do 2022/5/16 - Xunta de Galicia

    Prazo de presentación


    Ata o 30 de novembro de 2022, agás que, con anterioridade, se tivese esgotado o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG e na páxina web do IGVS.


    Adjuntos: