• 2022-06-27 12:05:02
    Servizos Sociais


    PROGRAMA TURISMO SOCIAL PARA MAIORES DO IMSERSO. TEMPADA 2022-2023

     

    DESTINATARIAS

    a)  Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
    ·         Ser pensionista de xubilación do Sistema público español de pensións.

    ·         Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.

    ·         Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.

    ·         Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.

     

    b)    Os españois residentes no estranxeiro sempre que reúnan os requisitos esixidos no apartado anterior.

    c)  Os españois de orixe emigrantes que retornasen a España, sempre que sexan pensionistas dos sistemas públicos de seguridade social do país ou países aos que emigrasen.

    Poderán participar o cónxuxe ou parella de feito sen necesidade de que estes reúnan os requisitos de idade ou pensión.

    As persoas usuarias de prazas e os seus acompañantes, deben valerse por si mesmas para realizar as actividades básicas da vida diaria.

     

    MODALIDADES


    ·         Zona Costeira Peninsular: estadías en zonas de Costa Peninsular de 10 e 8 días en Andalucía, Murcia, Comunitat Valenciana e Cataluña.

    ·         Zona Costeira Insular: estadías de 10 e 8 días en zonas de Costa Insular (Canarias e Illes Balears).

    ·         Turismo de Interior, coas seguintes actividades: con estancias de 4, 5 e 6 días, cos seguintes tipos de viaxes:

    o    Circuitos Culturais.

    o    Turismo de Natureza.

    o    Viaxes a Capitais de Provincia.

     

    SOLICITUDES


    Se accede por primeira vez ao Programa de Vacacións ou renova a súa participación tras un período inactivo, deberá formalizar a solicitude.
    Non será necesario que as persoas acreditadas para viaxar en tempadas anteriores, cumprimenten nova solicitude, xa que recibirán un documento no que figuran os datos persoais e de preferencia de destino. Só no caso de que queiran modificar algún deses datos, deberán devolver ao IMSERSO ese documento, entre o 27 de xuño e o 19 de xullo de 2022, ambos incluídos.

     

    PRAZO DE PRESENTACIÓN


    Desde o 27 de xuño ata o 19 de xullo de 2022

     

    MÁIS INFORMACIÓN


    Servizos sociais comunitarios do Concello de Touro Teléfonos: 981504000/504029 Extensión 1

     


    Adjuntos: