• 2022-08-31 09:51:14
    Formación


    𝐕𝐎𝐋𝐕𝐄 𝐆𝐀𝐋𝐄𝐔𝐑𝐎𝐏𝐀 ❗

    🔁 Tralo parón motivado pola pandemia, a Xunta de Galicia volve convocar o programa de prácticas formativas non laborais na 🇪🇺 UE coñecido como 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐮𝐫𝐨𝐩𝐚.

    🗣️ O programa busca reforzar a 𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞𝐠𝐚𝐛𝐢𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 dos mozos e mozas galegos ou residentes en Galicia a través da adquisición de novas competencias e habilidades no estranxeiro.

    🛎️ 𝐀𝐗𝐔𝐃𝐀 𝐄𝐂𝐎𝐍𝐎́𝐌𝐈𝐂𝐀 

    Calcúlase a través dunhas táboas (pódelas consultar na ligazón) e dependen do lugar  de realización da estancia formativa, así como da duración da mesma. 

    👥 𝐐𝐔𝐄𝐍 𝐏𝐎𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐂𝐈𝐏𝐀𝐑

    Mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (sen estar estudando nin traballando)

    📌 𝐎𝐍𝐃𝐄

     Calquera país da UE (inclúe Reino Unido) 

    ⏱️ 𝐃𝐔𝐑𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍? 

    Mínimo de 2 meses

    🆕 𝐄𝐌𝐁𝐀𝐈𝐗𝐀𝐃𝐎𝐑𝐄𝐒 𝐆𝐀𝐋𝐄𝐔𝐑𝐎𝐏𝐀

    Como novidade, podemos compartir o contacto de persoas mozas participantes en pasadas edicións para que consultes dúbidas prácticas do país ao que queres ir, intercambiar contactos de interese ou coñecer posibles oportunidades. 

    📝 𝐒𝐎𝐋𝐈𝐂𝐈𝐓𝐔𝐃𝐄𝐒

    Aberto o prazo desde o 31 de agosto ata o 30 de setembro a través da Sede Electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS324A&ano=2022&numpub=1&lang=gl

    📎 𝐓𝐎𝐃𝐀 𝐀 𝐈𝐍𝐅𝐎𝐑𝐌𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍

    http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/23782-programa-de-mobilidade-transnacional-xuvenil-galeuropa-2022


    Adjuntos: