-
Arranca o proceso de transformación dixital no Concello de Touro2022-09-29 14:59:19Concello
Arranca o proceso de transformación dixital no Concello de Touro
O 21 de setembro de 2022, presentouse formalmente na sede municipal do Concello de Touro a folla de ruta que guiará a consolidación da transición dixital do concello coruñés, ao abeiro do proxecto Concello Dixital, impulsado pola Deputación da Coruña.
O Concello de Touro camiña con paso decidido cara a súa dixitalización. O equipo de Concello Dixital da Deputación da Coruña presentou ese día o plan a seis meses: tres de execución seguidos doutros tres de asesoría e seguemento, que converterá o concello coruñés nunha entidade plenamente dixital, no marco do proxecto global de transformación dixital das entidades locais da provincia.
Nas vindeiras semanas realizaranse nas instalacións do consistorio os traballos de captura e análise de requisitos por parte dos consultores de transformación do proxecto. Con carácter previo desenvolvéronse xornadas de formación en diversas áreas para todo o personal municipal, que contaron cun alto grao de implicación.
O proceso de transformación que agora comeza executarase en colaboración con empregados e empregadas públicos designados como informantes clave de cada unha das áreas de actuación, se ben o obxectivo final suporá a implicación da totalidade do persoal do concello e dos seus responsables políticos. Así, o Concello de Touro súmase á aposta da Deputación da Coruña pola dixitalización das súas entidades locais, tanto no seu funcionamento interno como na prestación de servizos á cidadanía.
información:
https://entidadeslocais.dacoruna.gal/opencms/gl/actualidad/historico/2022/09/Noticia_Arranque_Transformacion_Touro.html
Adjuntos: