• 2022-12-02 13:52:53
    Desenvolvemento Local


    𝐒𝐔𝐁𝐕𝐄𝐍𝐂𝐈Ó𝐍𝐒 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐀𝐂𝐓𝐔𝐀𝐂𝐈Ó𝐍𝐒 𝐃𝐄 𝐄𝐅𝐈𝐂𝐈𝐄𝐍𝐂𝐈𝐀 𝐄𝐍𝐄𝐑𝐗É𝐓𝐈𝐂𝐀 𝐄𝐍 𝐄𝐌𝐏𝐑𝐄𝐒𝐀𝐒 𝐓𝐔𝐑Í𝐒𝐓𝐈𝐂𝐀𝐒. 𝐀𝐗𝐄𝐍𝐂𝐈𝐀 𝐓𝐔𝐑𝐈𝐒𝐌𝐎 𝐃𝐄 𝐆𝐀𝐋𝐈𝐂𝐈𝐀

    𝙀𝙈𝙋𝙍𝙀𝙎𝘼𝙎 𝘽𝙀𝙉𝙀𝙁𝙄𝘾𝙄𝘼𝙍𝙄𝘼𝙎 𝙀 𝙍𝙀𝙌𝙐𝙄𝙎𝙄𝙏𝙊𝙎

    Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), sempre que teñan residencia fiscal en España, e se encadren nalgún dos seguintes colectivos:

    a) As persoas físicas ou xurídicas de natureza privada que sexan propietarias de edificios existentes destinados a aloxamento turístico.

    b) As empresas explotadoras, arrendatarias ou concesionarias de edificios destinados a aloxamento turístico, que acrediten a dita condición mediante contrato vixente que lles outorgue facultade expresa para acometer as obras de reforma obxecto do Acordo do 29 de marzo de 2022.

    As entidades solicitantes deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT

    Para que as persoas físicas sexan beneficiarias deberán posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo ou Suíza. No caso de estranxeiros non comunitarios, deberán ter o seu domicilio fiscal e centro operativo permanente en España e mantelos, polo menos, durante o período de prestación das actividades obxecto da subvención.

    𝙊𝘽𝙓𝙀𝘾𝙏𝙊

    As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a realización de actuacións de eficiencia enerxética que impulsen a economía circular en edificios completos cuxo uso sexa o aloxamento turístico.

    Están incluídas as seguintes tipoloxías: hoteis, pensións, establecementos de turismo rural, albergues turísticos e apartamentos turísticos.Quedarán excluídos os establecementos de aloxamento turístico que ocupen parcialmente un edificio.

    𝘼𝘾𝙏𝙐𝘼𝘾𝙄Ó𝙉𝙎 𝙎𝙐𝘽𝙑𝙀𝙉𝘾𝙄𝙊𝙉𝘼𝘽𝙇𝙀𝙎 𝙀 𝙍𝙀𝙌𝙐𝙄𝙎𝙄𝙏𝙊𝙎

    As actuacións subvencionables deben cumprir cos requisitos específicos que se establecen para cada unha delas no anexo III da resolución e encadrarse nunha ou varias das seguintes tipoloxías:

    a) Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica (tipoloxía 1).

    b) Mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria; incluída a instalación de redes de calor e frío alimentadas por fontes de enerxía renovable e/ou calor residual para complexos turísticos de varios edificios (tipoloxía 2).

    c) Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación (tipoloxía 3).

    As actuacións subvencionables deberán realizarse en edificacións existentes e construídas con anterioridade ao 1 de xaneiro 2007, sempre que sexan edificios completos cuxo uso sexa o aloxamento turístico: hoteis, pensións, establecementos de turismo rural, albergues turísticos e apartamentos turísticos.

    𝙋𝙍𝘼𝙕𝙊 𝘿𝙀 𝙋𝙍𝙀𝙎𝙀𝙉𝙏𝘼𝘾𝙄Ó𝙉 𝘿𝙀 𝙎𝙊𝙇𝙄𝘾𝙄𝙏𝙐𝘿𝙀𝙎.

    As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG) ata o día 30 de marzo de 2023, salvo que con anterioridade se esgote o crédito orzamentario.

    𝙈𝘼𝙄𝙎 𝙄𝙉𝙁𝙊𝙍𝙈𝘼𝘾𝙄Ó𝙉

    DOG Núm. 230 Venres, 2 de decembro de 2022.(código de procedemento TU986B).

    Resolución do 25 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023 (código de procedemento TU986B).

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221202/AnuncioG0256-251122-0003_gl.pdf.


    Adjuntos: