• 2023-02-02 12:15:29
    Concello


    𝗩𝗘𝗡𝗥𝗘𝗦 𝗗𝗘 𝗖𝗢𝗡𝗦𝗨𝗠𝗢 𝗥𝗘𝗦𝗣𝗢𝗡𝗗𝗘

    Programación para o mes de febreiro.

    _03 de febreiro, 12.30 horas. As follas de reclamación.

    _10 de febreiro, 12.30 horas. A factura da luz.

    _17 de febreiro, 12.30 horas. Seguridade dos productos.

    _24 de febreiro, 12.30 horas. Servizos de telefonía e internet.

    O Instituto Galego do Consumo e da Competencia, dependente da Xunta, organiza os 𝗩𝗘𝗡𝗥𝗘𝗦 𝗗𝗘 𝗖𝗢𝗡𝗦𝗨𝗠𝗢 𝗥𝗘𝗦𝗣𝗢𝗡𝗗𝗘.

    Mañá venres día 3 de febreiro ás 12.30 celebrarase de novo a través da aula virtual de consumo unha charla aberta sobre AS FOLLAS DE RECLAMACIÓNS.

    Tras unha pequena exposición sobre os dereitos dos cidadáns, todas as dúbidas en materia de consumo serán resoltas.

    Para participar:

    1º.- Entra na web do IGCC:

    https://consumo.xunta.gal/gl

    2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon 𝗩𝗘𝗡𝗥𝗘𝗦 𝗗𝗘 𝗖𝗢𝗡𝗦𝗨𝗠𝗢.

    3º.- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma.

    OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en "Únase desde el navegador"

    4º.- UNIRSE Á REUNIÓN

     


    Adjuntos: