• 2023-09-19 14:47:58
    Cultura

    ESTE VENRES, DÍA 22, CHEGA A TOURO O ESPECTÁCULO 'SUPERHÉROE' DE FRAN REI


    En ausencia, por motivos laborais, de Supernai, o noso Superheroe deberá salvar a humanidade de terribles ameazas, sen esquecer a conciliación. Así, deberá loitar contra perigosos axentes malignos mentres prepara as merendas, pon unha lavadora ou cambia un cueiro. E todo, no axustado tempo que lle deixa a apertada axenda de actividades extraescolares dos seus fillos.



    Unha desventura cómica que bebe tanto das grandes e populares producións cinematográficas de superheroes, tan de moda nos últimos anos, como da apaixonante experiencia persoal da paternidade, que pretende ser unha sentida e sincera homenaxe a todos e todas @s superheroes e superheroínas que, día a día, fannos a vida máis fácil, máis fermosa e máis feliz.


    Será ás 18 horas na Casa da Cultura


    Adjuntos: