• 2023-09-20 20:05:01
    Servizos Sociais

    O CONCELLO DE TOURO INFORMA DO PROGRAMA 'BENESTAR EN BALNEARIOS' DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA XUNTA DE GALICIA



    Requisitos para poder participar:
    a. Ser maior de 60 anos, ou de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
    b. Estar empadroada e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
    c. Valerse por si mesma para as actividades da vida diaria e estar en
    condicións de participar no programa.
    d. Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
    e. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
    f. Acadar, de conformidade co baremo, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.



    Acompañantes. A persoa solicitante poderá ir acompañada de:
    1. O seu ou a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa cal teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a)
    2. Un fillo ou filla que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando este o poida facer sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpra os requisitos, agás o da letra a).
    3. Unha persoa coa cal desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos.

    As persoas solicitantes terán que cumprir os requisitos establecidos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.



    Quendas
    As quendas teñen una duración de 10 días (nove noites) cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as 12:00 horas do día de chegada ata as 12:00 horas do día de saída.
    O desenvolvemento destas quendas terá lugar durante o período comprendido entre o 22 de outubro e o 31 de decembro do ano 2023.



     Prazo de solicitude
    Ata o 18 de outubro de 2023



     Presentación
    • Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es , para o que é preciso o DNI electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
    • Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

     Máis información
    • Servizos sociais comunitarios do Concello de Touro: 981504000,
    extensión 1.
    • Por teléfono: Liña de atención directa a maiores Canle 65: 900 333 666
    • Por email: subxeaiss.politicasocial@xunta.gal
    • Na web: politicasocial.xunta.gal



    Máis datos na ligazón:
    https://www.xunta.gal/.../AnuncioG0657-140923-0001_gl.html



    Adjuntos: