• 2018-03-27 12:47:44
    Info General

    O Concello de Frades convoca as axudas para transporte escolar e para a compra de material escolar para o curso académico 2017-2018, que están dirixidas ás familias máis necesitadas do municipio. O Concello de Frades destinará 5.000 euros a estas subvencións. O prazo para presentar as solicitudes nos Servizos Sociais Municipais estará aberto desde mañá mércores 28 ata o vindeiro 19 de abril. Máis información: 981 695 567 / 981 695 554.




    Adjuntos: