• 2019-11-25 08:31:01
    Info General

    O Concello de Frades quere manifestar neste 25N a súa postura de rexeitamento ante todo tipo violencia e o noso compromiso coa erradicación da violencia exercida contra as mulleres. Porque vítima a vítima, unha e outra vez, o listado de mulleres asasinadas a mans da violencia machista golpea as nosas conciencias polo que consideramos fundamental que as entidades locais traballemos na oportunidade real de avanzar na loita contra esta violencia. Os teitos de cristal existen, a discriminación laboral e salarial é doada de comprobar e a muller está ausente de moitos foros porque non se procura a súa presenza sendo desprazada unha e outra vez cando a sociedade o que necesita é escoitar a súa defensa e o seu parecer.

    A promoción da igualdade real entre mulleres e homes son retos aos que se enfronta a sociedade en xeral, pero somos os gobernos locais en particular os que temos un papel decisivo por ser os máis próximos á cidadanía. Para iso é fundamental traballar desde a educación e a concienciación da cidadanía lexislando con perspectiva de xénero. Por iso, o Concello de Frades adheriuse un ano máis á campaña promovida pola Fegamp xunto co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, co obxectivo de promover a igualdade real entre homes e mulleres e comprometéndonos co decálogo de boas prácticas que se propón na campaña.




    Adjuntos: